slideshow 1

Xosé Luis Rivas Cruz (Mini)

MIniCategoría: Mestre, cantautor e compositor
Fecha de nacemento: 18 de Xunio de 1951
Lugar de nacemento: Pacios, Begonte (Lugo)

CURRÍCULUM:
Mestre de Primaria. Compoñente do grupo 'Fuxan os Ventos' desde o seu inicio ata 1982. Compoñente de 'A Quenlla' desde o seu inicio (1984) ata a actualidade. Compositor e adaptador de cancións galegas. Recompilador de folclore.

OBRAS REALIZADAS:
Ten editados trece discos cos grupos xa citados. Creou a música para os vídeos: 'Hª da Lingua', 'Os Señores da Palabra', '70 anos de Nacionalismo', 'Memoria de Rosas', 'Longa noite de Pedra'. Con Baldomero Iglesias Dobarrio, 'A Carón da Escola' (traballo de recompilación de folclore do Nadal), 'Cantares de Cego I' e 'Cantares de Cego II' (recompilación de Cantares de Cego), 'Contos de Vellos pra Nenos' (recompilación de contos tradicionais), 'Somos lenda viva' (recompilación de lendas tradicionais).