slideshow 1

Presentación

Vaia por diante que este é un traballo de recolla levado a cabo por Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, e Baldomero Iglesias Dobarrio, “Mero”, entre os anos 1972 e 1998. En libro viron a luz diversos traballos, que agora alcanzarán dimensión universal ó pasar a formar parte dos contidos de GaliciaDigital (www.galiciadigital.com) Cantos coplas e romances de cego 1estas páxinas recollidas por toda Galicia da máis xenuína literatura popular, conservada e cantada polos cegos, nos ambientes máis populares, que se en tempo foron material de lecer das clases máis humildes acadarán con esta iniciativa o valor de propiedade colectiva, ó dispor da comunidade galega de todo o mundo.

Agora que, baixo o noso criterio, as recollas que se poidan facer teñen un valor moi escaso debido a factores que non son para analizar aquí, decidimos pasar a sistematizar, ordenar e clasificar os arquivos para devolvelos á xente de onde saíron.

Isto e para Mini e Mero unha obriga contraída desde o principio. A recolla sempre foi feita, e así se lles facía Cantos coplas e romances de cego 2saber ós posibles informantes, para que a nosa cultura tradicional non se perdese. O compromiso foi de que algún dia se farían os posibles por devolvela a luz, e niso estamos.

O andar Mini e Mero cantando por toda Galicia, e mesmo a súa profesión de mestres no rural, abriulles portas e corazóns facilitando un traballo que foi sempre un pracer e un xeito de droga que consideran deber en boa maneira ás boas ensinanzas do amigo e mestre nestes labores Xesús Mato e Mato, quen sutilmente lles mostrou, hai xa moitos anos, estes tesouros e o xeito de conseguir riquezas, non en cartos, con eles.

Seria necesario nomear a centos de persoas, moitas delas xa non están connosco, que se ilusionaron con ese traballo de recolla e colaboraron nel. Uns fixérono cantando, outros aportando datos, outros abrindo portas e rompendo desconfianzas e ofrecéndolles a Mini e Mero o salvoconduto necesario para poder entrar nesta cova de Alí Babá, outros foron en fin os que recolleron e depositaron neles o material. Pero todo xiraba arredor dunha única idea: recuperarmos entre todos a nosa memoria colectiva.