Categoría: Profesor, cantante e escritor
Fecha de nacemento: 27 de xuño de 1951
Lugar de nacemento: Vilalba (Lugo)
Teléfono: 981687059
CURRÍCULUM:
Traballa como profesor no medio rural. Dedícase á música propia de Galicia e á súa recollida nos entornos da súa provincia. É integrante do grupo "A Quenlla". Foi integrante de "Fuxan os Ventos".
OBRAS REALIZADAS:
Realiza traballos de recompilación de información relativa á cultura tradicional e en compaña de Mini, escribiu algúns libros como por exemplo: Contos de vellos para nenos (de contos), Somos lenda viva (de lendas), Nadal en Galego (de música sobre o Nadal) e Coplas cantos e Romances de cego (de Romances de Cego) dos que xa se elaboraron varios tomos. Escribe poemas e é cantautor.
OUTROS DATOS DE INTERESE:
Obtivo os seguintes premios:
- 2º premio no "XX Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1995)
- 2º premio no "XXII Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1997)
- 1º premio no "XXIII Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1998)
- 1º premio no "XXIV Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1999)
- 2º premio no "XXV Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 2000)
- 1º premio no "Certame de Poesía Manuel Oreste Rodríguez López" en Paradela, 2000.
- Accésit no "Certame de Poesía Manuel Oreste Rodríguez López" en Paradela, 2001.
- Premiado no "Certame Excelentísimo Concello de Vilalba" 1999 e 2000.
- Premiado no "Certame Antonio Prados Ledesma" no 2002 (Viveiro).
- 2º premio de poesía no Certame "José Domínguez Guizán" (Begonte, Lugo, 2002).