Pensamos que estamos diante dun estilo musical, dentro do noso folclore, que ten unhas particularidades moi marcadas. Por iso coidamos que dar soamente as partituras como melodía e negar ós demais o brillo dese tesouro.
A partitura e fría, inexacta, conleva a tentación de amañar corrixindo o que un pensa, case sempre con poucas luces, que é incorrecto. Reparade nalgún dos cantos e veredes que cada estrofa merecería unha partitura. Por iso incluímos as gravacións orixinais. Ai van os erros, as improvisacións, o estilo, as voces do País, a pronuncia, os matices... a riqueza, a aprendizaxe necesaria para recuperarmos o estilo que se nos negou por "burdo e paleto" que dicían os finos. ¿É o cante jondo un xénero paleto? ¿e menos popular ca este?
Algunha das gravacións pode soar un chisco metalizada ou robotizada. Todas sufriron unha reparación para quitar ruídos de arrastre das cintas casetes, ecualización e demais para que quedasen claras e entendibles, e francamente, algunha delas estaba bastante deteriorada.